Instrucións

-27 de xuño de 2024_Publicación de listaxes provisionais de 1º de Grao Elemental (no adxunto e nos taboleiros do centro)

 

-REUNIÓN PRESENTACIÓN PARA FAMILIAS DE 1º DE GRAO ELEMENTAL: MÉRCORES 26 ÁS 17 HORAS NA A11 DO CONSERVATORIO

-Mércores 26 de xuño de 2024. PUBLICACIÓN DE HORARIOS PROVISIONAIS 2024/2025 ***Estes horarios poden sufrir modificacións (no adxunto a Horarios 2024/2025)

Prazos de matrícula.

  • Alumnado matriculado con anterioridade (con todas as materias superadas na Avaliación Ordinaria): de 10 ao 14 de xuño 2024.
  • Alumnado de novo ingreso a 1º de Grao Elemental e 1º de Grao Profesional: de 17 ao 26 de xuño de 2024.
  • Alumnado de novo ingreso ao resto dos cursos: do 26 ao 28 de xuño de 2024.
  • Alumnado que solicita unha segunda especialidade en 1º de Grao Profesional: do 1 ao 5 de xullo de 2024
  • Periodo extraordinario: ata o 15 de outubro (solicitude específica no adxunto_matrícula fóra de prazo)

INSTRUCIÓNS PARA A MATRÍCULA (impreso e información de taxas nos adxuntos máis abaixo)

Prazo de matrícula ordinaria: Até 28 de xuño 2024.

Para formalizar a matrícula toda a documentación será enviada ao correo electrónico do centro conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.gal

En caso de dúbida chame ao teléfono de atención administrativa 982 284704 (de 9 a 14h) ou escriba ao correo electrónico do centro conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.gal

DOCUMENTACIÓN:

o   FOLLA DE MATRÍCULA (ver no adxunto) 

o    IMPRESO DE AUTOLIQUIDACIÓN (ver instrucións pago taxas matrícula CDAN LUGO 2024 2025) OU XUSTIFICANTE DE SOLICITUDE DE BOLSA

Adxuntarase fotocopia do DNI do alumno/a (e no caso de non telo, o do pai/nai/titor legal)

E ADEMAIS:

Alumnado que se matricula por primeira vez:

o    Fotocopia da tarxeta sanitaria

o    Fotocopia do título de familia numerosa actualizado (se é o caso)

o    Copia da resolución da patria potestade (no caso de separación legal dos pais)

o    Certificado de matrícula gratuíta (se é o caso)

o    Os estudantes procedentes doutros conservatorios: xustificante de solicitude do traslado de expediente

Alumnado do centro:

o    Fotocopia do título de familia numerosa actualizado (se é o caso)

o    Certificado de matrícula gratuíta (se é o caso)

o    Achegarase a información pertinente cando existan cambios dende a primeira matrícula (cambio de tarxeta sanitaria, datos de contacto….)

Os país/nais/titores legais ou o alumnado maior de idade poden achegar información complementaria á requirida se o estiman necesario

Distribuir contido