O Conservatorio Profesional de Danza de Lugo organiza, xunto co "Gimnasio Lugo", un intercambio de estudos. O Horario é o seguinte:

LUNS 18 DE NOVEMBRO 18.10h- 19.30h Lugar: GIMNASIO LUGO. Rua Mondoñedo, 40
Os pais/nais encargaranse de levalos e recollelos alí.As clases deste día no CDAN se substituen pola actividade.
LUNS 25 DE NOVEMBRO 18.10h- 19.30h Lugar: CONSERVATORIO DE DANZA.As clases deste día no CDAN  substituense pola actividade.

  O Calendario Escolar 2013/14 publicado pola Consellería de Educación, sinala

  a data de 31 de Outubro como Día do Ensino, e como tal, as portas do noso

  Conservatorio permanecerán pechadas ao considerarse Dia non Lectivo.

  As clases reanudaránse o luns día 4 de Novembro.

AUDICIÓN NO CCG PARA A NOVA PRODUCIÓN “A BELA ADORMECIDA”

O  vindeiro sábado 2 de novembro de 2013 levarase a cabo unha preselección para a nova produción do Centro Coreográfico Galego que leva por título "A bela adormecida", para todo o alumnado do CDAN Lugo que queira presentarse, dentro da franxa de idade entre 11 a 18 anos.

Esta preselección realizarase a partir das 13.00 horas nas instalacións que o Centro Coreográfico Galego ten na cidade de A Coruña.

Esta semana comezaron a impartirse as clases de Preparatorio para o curso 2013/14 no noso Conservatorio.

Arredor de 50 nenos e nenas de sete anos, asistirán ás instalacións do CDAN semanalmente, para recibir clase da man das profesoras Reyes González e Beatríz Gamborino.

O curso de Preparatorio desenvolverase até o mes de Maio.

Distribuir contido