Arredor de 50 nenos e nenas comezan o curso de Preparatorio

Esta semana comezaron a impartirse as clases de Preparatorio para o curso 2013/14 no noso Conservatorio.

Arredor de 50 nenos e nenas de sete anos, asistirán ás instalacións do CDAN semanalmente, para recibir clase da man das profesoras Reyes González e Beatríz Gamborino.

O curso de Preparatorio desenvolverase até o mes de Maio.