O alumnado de grao profesional do CDAN Lugo viaxa a terra coruñesas para ofrecer a súa última produción; "Rosalía". Un conxunto de 15 coreografías sobre a obra rosaliana.

O profesorado é o autor das coreografías nas que participan preto de 90 rapazas e rapaces do centro, dende o alumnado de 1º curso de profesional ao de 6º curso que este mes remataron a súa formación titulándose nas especialidades de Clásica ou de Contemporánea.

As entradas para o espectáculo son de balde e poden retirarse na billeteira do mesmo teatro

Martes 27 no Teatro Rosalía de A Coruña

Ás 20.30 h.

Entradas de balde.

Este venres 23 ás 20.30 horas a obra rosaliana estará presente no Gustavo Freire de Lugo. As coreografías desta nova produción do CDAN de Lugo, terán como eixo vertebrador composicións da nosa poeta máis universal.

Un total de 15 coreos que levaranos ao mundo intimista e de compromiso social de Rosalía de Castro, o alumnado das especialidades de Clásica e Contemporánea, poñerán movemento aos seus versos, aos seus sentimentos e ás súas arelas, e o farán como nos teñen habituados, maxistralmente dirixidas polo profesorado do CDAN que desborda arte e creatividade en cada produción.

Coa nosa Rosalía, a danza vai ter os contrastes que imprimen as súas palabras, xa que a lús dos focos xunto coa presenza das bailarinas son quen de proxectar as sombras. A presenza e a ausenza, a claridade e a escuridade;

"En todo estás e tí es todo,

pra min i en mín mesma moras,

nin me abandonarás nunca,

sombra que sempre me asombras"

Venres; 23 de Maio ás 20.30 h. no Gustavo Freire de Lugo (entrada de balde con invitación)

Martes 27 de Maio ás 20.30 h. no Teatro Rosalía de A Coruña (entrada de balde)

 

 

-A Gala de Clausura de Grao Elemental terá lugar o xoves 22 de Maio ás 20.30 h no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.

O alumnado mostrará o seu traballo diario no CDAN, será unha hora de espectáculo onde se irán alternando os distintos números das diferentes clases xunto con audiovisuais. As sensacións, desexos, pensamentos, emocións, etc... serán o fío condutor dun espectáculo onde o protagonismo recae no dia a dia, nas distintas aulas.

O CDAN vai mobilizar o alumnado dos catro cursos de grao elemental, asi como o profesorado.

"O conservatorio e a danza" con coreografía de Romina Guerra, será quen abra o espectáculo, bailando o alumnado de 1º A e B, acto seguido o alumnado de 2º A e B poñerá en escea a "coreo"  "O escenario, sensacións" de Lucía Pérez con música de Haydn. Entre os diferentes números proxectaránse pequenos audiovisuais onde o alumnado comentará sobre o dia a dia do conservatorio.

"A clase de ballet" con música de Joe Hisaishi e coreografía de Beatríz Gamborino será representada polo alumnado de 3º A e B na parte de "A barra" e cós alumnos de 4º A e B na parte de "o Centro", con igual autor musical e con coreografía de Nuria Matos.

"Desta volta a Gala ten unha doble vertente -segundo apuntan dende o CDAN- xa que á propia representación, tan tradicional xa no remate de curso e que conta cun público entregado e fiel, súmase o detalle de trasladar a idea dos estudos, as clases e o traballo diario que se desenvolve no grao elemental, esto sumado á proxeción de pequenos audiovisuais fará pasar un rato agradable á platea".

A parte final está composta por "Outras Clases". Na "Clase de Música" o alumnado de primeiro cantará un tema que xa é un clásico no repertorio "cedanistico", para continuar coa "Clase de Carácter" con coreografía de Amparo Novas e a "clase de Danza Contemporánea" onde o alumnado de Técnicas -de 4º Elemental- bailará a coreografía de Reyes González.

O broche final da noite correrá a cargo do alumnado de 3º A e B, que mostrarán a "Clase de Danza Galega" con coreografía de Cristina Lata.

A entrada é de balde con invitación, todo un luxo para un final de curso e para unha cidade que ve como a danza afiánzase no espazo que merece.

 

"Todo preparado para comezar a III semana da danza de Lugo", así é como sentenciou a Vicedirectora do centro departamental na presentación da Semana na que os focos de todo o pais estarán centrados na Cidade amurallada na cita dancística máis importante do ano.

Logo dun intenso ano de preparativos, a organización volve partir do Conservatorio de Lugo, coa súa directora Isabel Méndez á cabeza, e da Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua do Concello de Lugo como "partner".

As actividades comezarán o xoves 24 de Abril có Concurso Coreográfico adicado este ano a Fonteyn e Nureyev, no Auditorio Municipal Gustavo Freire, emplazamento onde terá lugar o groso dos espectáculos.

Tamén está programada a Coreografía "Seven colours extensions" que o Grupo de Danza Contemporánea do propio Conservatorio subirá ás táboas xunto có grupo de Percusión do Conservatorio Prof. de Música, Xoán Montes o Venres 25 ás 20.30 h.

En palabras da Vicedirectora, "intentamos que a participación das diferentes escolas e centros de danza clásica galegos e asturianos fose un acto colectivo de celebración para conmemorar o Día Internacional da danza", e aí chegaremos o Sábado 26, onde un acto de confraternidade rematará có Encontro de Centros de Danza ás 19.30 no Gustavo Freire.

Pero ademáis a organización non quer deixar pasar a ocasión para que esta celebración sexa completa e así o Domingo será Fusión en Danza o título do Acto no que participarán, ás 19.00 h., diversos centros de ensinanzas de Danza de Lugo de diferentes estilos.

A proposta dancística do luns trasládarase ao CC As Termas, coa "coreo" Moving into a new age, onde a maridaxe entre o Grupo de Danza Contemporánea do CDAN e o Grupo de Percusión do Xoán Montes volverán a deleitarnos novamente, ás 19.00 h.

Non podía faltar un clásico nesta semana, por iso o alumnado de Danza Clásica poñerá en escea Coppèlia en dúas sesións, unha de mañá para escolares e outra de tarde para todo o público, ás 11.30 e 20.30 respectivamente.

O peche dos actos da Semana da Danza correpóndenlle ao Centro Coreográfico Galego, có espectáculo a Bela Adormecida, no que participarán alumnos do propio CDAN. Será a única actividade de pago e as entradas estarán á venta unha hora antes do espectáculo no propio Gustavo Freire.

En resume, unhas actividades acordes coa celebración máis importante do ano e có interés que mostran os cidadáns e cidadás lucenses.

Moita merda!

O Conservatorio de Danza de Lugo participará no espectáculo Moving into a New Age que terá lugar o vindeiro 11 de Abril no Auditorio Gustavo Freire de Lugo dentro do Ciclo de Música Contemporánea de Lugo.

 

 

O espectáculo terá dúas sesión unha didáctica para escolares que terá lugar ás 11 da mañá e outra para todos os públicos que terá lugar ás 20.30h.

Distribuir contido