Atención á comunidade educativaAtención administrativa Atención para reunións co equipo directivo ou titorías Contacto: APP Centros NetIniciar sesión |
III Semana da Danza de Lugo"Todo preparado para comezar a III semana da danza de Lugo", así é como sentenciou a Vicedirectora do centro departamental na presentación da Semana na que os focos de todo o pais estarán centrados na Cidade amurallada na cita dancística máis importante do ano. Logo dun intenso ano de preparativos, a organización volve partir do Conservatorio de Lugo, coa súa directora Isabel Méndez á cabeza, e da Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua do Concello de Lugo como "partner". As actividades comezarán o xoves 24 de Abril có Concurso Coreográfico adicado este ano a Fonteyn e Nureyev, no Auditorio Municipal Gustavo Freire, emplazamento onde terá lugar o groso dos espectáculos. Tamén está programada a Coreografía "Seven colours extensions" que o Grupo de Danza Contemporánea do propio Conservatorio subirá ás táboas xunto có grupo de Percusión do Conservatorio Prof. de Música, Xoán Montes o Venres 25 ás 20.30 h. En palabras da Vicedirectora, "intentamos que a participación das diferentes escolas e centros de danza clásica galegos e asturianos fose un acto colectivo de celebración para conmemorar o Día Internacional da danza", e aí chegaremos o Sábado 26, onde un acto de confraternidade rematará có Encontro de Centros de Danza ás 19.30 no Gustavo Freire. Pero ademáis a organización non quer deixar pasar a ocasión para que esta celebración sexa completa e así o Domingo será Fusión en Danza o título do Acto no que participarán, ás 19.00 h., diversos centros de ensinanzas de Danza de Lugo de diferentes estilos. A proposta dancística do luns trasládarase ao CC As Termas, coa "coreo" Moving into a new age, onde a maridaxe entre o Grupo de Danza Contemporánea do CDAN e o Grupo de Percusión do Xoán Montes volverán a deleitarnos novamente, ás 19.00 h. Non podía faltar un clásico nesta semana, por iso o alumnado de Danza Clásica poñerá en escea Coppèlia en dúas sesións, unha de mañá para escolares e outra de tarde para todo o público, ás 11.30 e 20.30 respectivamente. O peche dos actos da Semana da Danza correpóndenlle ao Centro Coreográfico Galego, có espectáculo a Bela Adormecida, no que participarán alumnos do propio CDAN. Será a única actividade de pago e as entradas estarán á venta unha hora antes do espectáculo no propio Gustavo Freire. En resume, unhas actividades acordes coa celebración máis importante do ano e có interés que mostran os cidadáns e cidadás lucenses. Moita merda! |
Cdan TV |