A tradicional Gala de Elemental, que o conservatorio celebra ao remate do curso adiántase para poñer en escea "Isadora, pés no mar & Johannes, ollos no ceo".

Hoxe ás 19.00 no Gustavo Freire, será a cita para unha nova edición do "Concurso Coreográfico" que unha vez máis organiza o CDAN.

O Alumnao do CDAN presentará, en grupo ou en individual, traballos coreográficos sobre Isadora Duncan artista homenaxeada este ano e principal protagonista nesta II Semana da Danza de Lugo.

Hoxe comeza a II Semana da Danza de Lugo coa actuación do Alumnado de Grao Elemental e Profesional no Centro Comercial As Termas.

O evento comezará ás 19.00 horas cunha actuación de Danza con Isadora Duncan como figura homenaxeada. A continuación poderemos ver a escenificación do conto “Isadora Duncan. A Bailarina do mar” polo grupo de teatro “Os Palimoquiños”.

O Venres 19 será o ensaio xeral da coreografía para Danza na Rúa. Actividade encadrada na Semana da Danza de Lugo. O ensaio terá lugar na Aula Polivalente do CDAN de 20 a 21 horas.

Publicados as creacións gañadoras do "I Concurso de Relatos do CDAN Lugo". Curso 2013/14.

Certame organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto coa Dinamización de Biblioteca.

 

 

 

 

 

Distribuir contido