AUDICIÓN NO CCG PARA A NOVA PRODUCIÓN “A BELA ADORMECIDA”
O vindeiro sábado 2 de novembro de 2013 levarase a cabo unha preselección para a nova produción do Centro Coreográfico Galego que leva por título "A bela adormecida", para todo o alumnado do CDAN Lugo que queira presentarse, dentro da franxa de idade entre 11 a 18 anos.
Esta preselección realizarase a partir das 13.00 horas nas instalacións que o Centro Coreográfico Galego ten na cidade de A Coruña.