Skip to Content

BECAS MUNICIPAIS PARA AXUDAS ÁS ENSINANZAS MUSICAIS QUE SE IMPARTIRON NO CONSERVATORIO E NA ESCOLA DE MÚSICA DE TUI: CURSO 22-23

A partir do mércores 1 de novembro e ata o próximo mércores 29 de novembro de 2023 (incluído) ábrese o prazo para solicitar as becas municipais para axudas aos estudos artísticos musicais que se imparten no noso centro educativo correspondentes ao curso 2022/2023. As bases completas con toda a información do proceso e o extracto da publicación no boppo pódense descargar no anexo inferior deste artigo. Tamén pódese descargar no anexo inferior a solicitude para as becas, a declaración responsable e a conta xustificativa simplificada, documentos que hai que cubrir e entregar para a correcta solicitude das axudas.

Lémbrase que o centro atenderá calquera dúbida, consulta ou petición de axuda para cumplimentar e entregar toda a documentación deste proceso durante o seu horario de secretaría: 

Luns de 9:00 a 13:00 hs. e de 15:00 a 18:00 hs.

De Martes a Venres en horario de 15:00 a 20:00 hs.

AnexoTamaño
solicitude beca 22 23 (cubrir).pdf82.9 KB
Declaración responsable becas 22 23 (cubrir).pdf48.34 KB
conta xustificactiva becas 22 23 (cubrir).pdf80.4 KB
bases_completas_ensinanzas_musicais_-.pdf558.79 KB
an.bop_.PONTEVEDRA.20231031.2023066343.pdf254.16 KB


blog | by Dr. Radut