Tal como demostran numerosos estudos científicos, a educación musical desenrola numerosas e importantes capacidades e valores para a educación integral dos alumnos, entre eles:
- Concentración.
- Memoria.
- Creatividade.
- Psicomotricidade.
- Traballo en equipo.
- Valores de cooperación.
- Esforzo.
- Preserveranza.
- Superación persoal.
- Fomento da autoestima e autoconfianza.
Tamén cabe recordar que desenvolven as 7 competencias claves incluidas no actual currículo educativo:
1º. Comunicación lingüística (CCL).
2º. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT).
3º. Competencia dixital (CD).
4º. Aprender a aprender (CAA).
5º. Competencias sociais e cívicas (CSC).
6º. Sentido da iniciativa e espíritu emprendedor (CSIEE).
7º. Conciencia e expresións culturais (CCEC).
A sesión de música e movemento que organiza o Conservatorio Profesional/Escola de Música de Tui, que é totalmente gratuíta, realizarase o próximo xoves 16 de setembro, en horario de tarde (horario de 17:00 a 19:00). Os alumnos de entre 5 e 6 anos participarán nunha actividade de acercamento á música dende un punto de vista totalmente lúdico baseado no xogo, baile e canto (Música e Movemento).
A inscrición para estas actividades poderá realizarse ata o mércores 15 de setembro (inclusive):
- A través do seguinte formulario web.
- Imprimindo a solicitude correspondente do anexo inferior, sacándolle unha foto e enviandoa por whatsapp ao 687249957 ou por email ao: cmus.profesional.tui@edu.xunta.es
- De xeito telefónico chamando ao 986-60-44-04 / 687249957 en horario de oficina:
de 9:00 a 13:30 hs. e de 16:00 a 21:00 hs.
ANEXO:
Inscrición Música e Movemento (5 e 6 anos) (Click para descargar o arquivo.
FORMULARIO WEB DE INSCRICIÓN