Instruccións para a matriculación do Conservatorio Profesional de Música de Tui para o curso 2020/2021
Debido á situación excepcional que estamos a vivir pola pandemia do Covid-19, dende o Concello de Tui e a Dirección do centro propoñemos para este curso 2020/2021 unha modalidade de MATRICULACIÓN ONLINE que evite o máximo posible que os pais/nais/alumnos/alumnas... acudades presencialmente ao centro para realizar estes trámites. De todos os xeitos, tamén se habilitará a matriculación presencial para todas as familias que teñades dificultades (Reserva de cita facendo click AQUÍ). Os pasos a seguir para o proceso de matrícula, que intenta ser o máis claro e curto posible, son os seguintes:
1º. Descargar e cumprimentar o modelo de matrícula do seguinte enlace. Pódese cubrir có ordenador dentro do propio arquivo (trátase dun formulario en pdf) ou imprimir e cubrir a man. Asegurarse de descargar o arquivo antes da súa cumplimentación de xeito dixital, e comprobar que se gardaron os cambios antes de cerrar a aplicación de visualización do pdf.
*ACLARACIÓNS:
- A páxina 6 soamente se cubre se se quere fraccionar o pago. Aínda que neste primeiro paso non sexa necesario, no caso de fraccionamento compre selar esta páxina 6 na vosa entidade bancaria. Unha vez rematado este proceso tedes que enviar esta páxina selada ao noso email: cmus.profesional.tui@edu.xunta.es
- Soamente hai que cubrir un modelo de protección de datos dependendo de se o alumno é maior ou menor de 14 anos.
- Existe unha pestana ao final desta páxina para subir a documentación adicional requerida.
(fai clik na imaxe para iniciar a descarga)
2º. Firmar o modelo de matrícula nas páxinas 2, 4 ou 5 (segundo o modelo de protección de datos que corresponda) e 6 (só se se fracciona o pago) : Unha vez cubertos os papéis da matrícula hay dous xeitos de firmalo:
a) Firma dixital do modelo de matrícula (aforro de papel e tinta): Có arquivo en pdf cuberto, só temos que entrar na páxina web de "smallpdf" facendo clik na seguinte imaxe e seguir as instruccións:
Primeiro: Fai Clik no recuadro que pon "firmar un documento"
Segundo: subir o arquivo do modelo da matrícula previamente cuberto.
Terceiro: Fai Clik en "colocar firma", xusto enriba e a esquerda da primeira páxina do documento, e escolle a modalidade que prefiras (trazo có ratón, subir un arquivo de imaxe coa firma ou firma con cámara web). Despois disto aparecerá a firma nun recuadro que se pode mover por todo o documento ata os lugares indicados, cambiar de tamaño e realizar copias.
Cuarto: Fai clik en "Finalizar" e a continuación na ventana seguinte fai clik en descargar.
(FIRMA DIXITAL REMATADA)
b) Firma manuscrita nos papéis impresos: Unha vez impreso e cuberto o arquivo (no ordenador ou a man), procederase á firma manual do impreso de matrícula nas páxinas sinaladas anteriormente. unha vez firmado teremos que escanear todas as follas para crear un novo arquivo en pdf.
(FIRMA MANUSCRITA REMATADA)
3º. Subir o arquivo en pdf firmado do impreso de matrícula e a documentación adicional nas seguintes pestanas (có nome e apelidos do/a alumno/a para identificar o arquivo):