Skip to Content

CONCERTO CONMEMORATIVO 60º ANIVERSARIO DO SEMINARIO MENOR SAN PELAYO TUI

CONCERTO CONMEMORATIVO 60º ANIVERSARIO DO SEMINARIO MENOR SAN PELAYO TUI

Este Venres 25 de Outubro de 2019 as 20:30 hs. terá lugar no teatro da Área Panorámica de Tui o Concerto Conmemorativo do 60º Aniversario do Seminario Menor San Pelayo de Tui. Neste gran concerto participará a Orquestra Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música de Tui e o Coro " Gli Appassionati" interprentando un repertorio moi variado: repertorio sacro, bandas sonoras, obras clásicas...

 Trátase nesta ocasión dun concerto solidario, no que a entrada é gratuita a cambio de un kilo de alimentos non perecedeiros en colaboración coas "Fillas da Caridade de Tui" (Ata completar aforo)

Ocasión inmellorable para celebrar un gran acontecemento en Tui, escoitar boa música e contribuir coas persoas que máis o necesitan.

 

NON O PODEDES PERDER!



blog | by Dr. Radut