Skip to Content

CURSILLOS GRATUÍTOS PON MÚSICA NA TÚA VIDA

CURSILLOS GRATUÍTOS

PON MÚSICA NA TÚA VIDA 2019

Tal como demostran numerosos estudos científicos, a educación musical desenrola numerosas e importantes capacidades e valores para a educación integral dos alumnos, entre eles: 

  • Concentración.
  • Memoria.
  • Creatividade.
  • Psicomotricidade.
  • Traballo en equipo.
  • Valores de cooperación.
  • Esforzo.
  • Preserveranza.
  • Superación persoal.
  • Fomento da autoestima e autoconfianza.   

 

Tamén cabe recordar que desenvolven as 7 competencias claves incluidas no actual currículo educativo. 

Os cursos que este verán organiza o Conservatorio Profesional/Escola de Música de Tui, que son totalmente gratuítos, realizaranse os días 27 e 28 de xuño, en horario de mañá. Os alumnos de entre 7 e 10 anos poderán probar diferentes instrumentos (Pon Música Na Túa Vida) , e para os máis pequenos, de entre 5 e 6 anos, consistirá nun acercamento á música dende un punto de vista totalmente lúdico (Música e Movemento).

No anexo da parte inferior pódense descargar os impresos de matrícula para ámbalas dúas actividades. As persoas que estén interesadas, deben descargar o arquivo correspondente (ou recollelo no centro), cumplimentalo e entregalo na secretaría do centro en horario de oficina:

Luns pola mañá de 9:00 a 13:30 e de luns a venres pola tarde en horario de 15:00 a 20:00.

 

O prazo límite de entrega chega ata o martes día 25 de xuño de 2018.

AnexoTamaño
Pon Música na Túa Vida CURSILLOS VERAN 2019.pdf296.37 KB
CURSILLOS VERAN 2019 Música e Mov.pdf272.23 KB


blog | by Dr. Radut