Skip to Content

Recital de Percusión a cargo de Gabriel López e Adrián Alonso

Recital de Percusión a cargo de Gabriel López e Adrián Alonso

 

Mañan, Xoves 10 de Maio ás 18:00 horas na Sala de Audicións do Conservatorio Profesional de Música de Tui, con entrada de balde ata completar aforo, terá lugar un Recital de Percusión de moitísimo nivel que correrá a cargo de dous dos mellores exalumnos do noso profesor de Percusión Juan Carlos Fernández Rodríguez:

Gabriel López. Acabou os seus estudos profesionáis de percusión no Conservatorio Profesional de Ponteareas, realizou o grao superior desta especialidade no Conservatorio Superior de música de Salamanca. Realiza estudos de Erasmus e un máster de perfeccionamento de percusión na "Hochschule für Musik Franz Liszt" en Weimar.

Adrián Alonso. Acabou os seus estudos profesionáis de percusión no Conservatorio Profesional de Ponteareas, realizou o grao superior desta especialidade no Conservatorio Superior de música de Vigo. Realiza estudos de Erasmus na especialidade de percusión na "Hochschule für Musik" en Hamburgo.

As persoas que queiran acudir a disfrutar do impresionante talento e nivel destes intérpretes, poderán disfrutar de obras de percusión contemporánea con todo tipo de agrupacións de instrumentos desta especialidade donde o reclamo máis importante será poder escoitar unha gran marimba de cinco octavas (moi dificil de ver en directo este instrumento e escoitar obras de repertorio para o mesmo)

Cartel e programa en pdf no anexo inferior.

AnexoTamaño
Cartel Concierto Percusión.pdf222.65 KB
PROGRAMA CONCIERTO DE PERCUSIÓN GABRIEL E ADRIÁN.pdf32.75 KB


blog | by Dr. Radut