Skip to Content

Intercambio de Piano có Conservatorio Superior de Música de Vigo no Conservatorio Profesional de Música de Tui

Intercambio de Piano có Conservatorio Superior de Música de Vigo no Conservatorio Profesional de Música de Tui

Mañán, Martes día 6 de Marzo ás 20:00 horas na Sala de Audicións do Conservatorio Profesional/Escola de Música Municipal de Tui con entrada de balde ata completar aforo, terá lugar un Intercambio de alumnos de piano do noso centro con alumnos desta especialidade do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

As persoas que acudan ao concerto poderán disfrutar con nós do talento de alumnos de todos os nivéis da carreira de piano (14 anos), ademáis poderanse escoitar obras de compositores tan importantes coma F. Schubert, C. Debussy, Prokofiev, S. Joplin, Chopin, Brahms e moitos máis. Tamén haberá obras para piano a catro mans e obras compostas polos propios alumnos que non deixarán indiferentes a ninguén.



blog | by Dr. Radut