Terceira Audición do curso 2017/2018 do Departamento de Corda
Hoxe, Luns día 18 de decembro ás 21:00 horas na Sala de Audicións do Conservatorio Profesional/Escola de Música Municipal de Tui con entrada de balde ata completar aforo, terá lugar a terceira audición do departamento de corda.
As persoas que queiran acudir a disfrutar con nós do talento dos nosos alumnos de violín e guitarra poderán disfrutar de obras de compositores tan importantes coma Handel, D. Tárrega, J. S. Bach e moitos máis!