Curso 2010-11

VERME - COMPOST

O alumnado de 3º ciclo o día 25 de xaneiro asistimos a un obradoiro sobor do verme-compost ou lombri-compost.

A monitora, mentras ablandaba a fibra de coco en auga, explicounos como tiñamos que coidar estas miñocas californianas. Todos poidemos manipulalas e observar cal era a cabeza, que está máis preto do cliterio (anel máis ancho da miñoca), e o cu destes animais.

Fotografías verme-compost
Fotografías verme-compost

As miñocas reprodúcense por ovos moi rápidamente. Para os seus coidados necesitan certa humidade, temperatura entre 15º e 25º, unha sustancia base como a fibra de coco e alimentalas adecuadamente.

A pesares de non ter dentes comen moitas cousas: restos de vexetais, froita e hortalizas, borra de café, cáscara de ovo magullada, pan e galletas, papel e cartón… En cambio, non soportan: plásticos, papel de aluminio, vidro, peixe, carne, sementes, productos lácteos, excrementos …

Estes alimentos á hora de dárllelos hai que picalos moito, soterralos na fibra e de vez en cando remexer todo para que respiren mellor; se tiveran moita humidade ábreselle a billa da composteira.

O verme compost obtido é bo para botar no xardín porque así mellora o solo, a porosidade do mesmo, reduce a erosión e sirve de abono ás plantas.

Nós, coidamos as miñocas moi ben colocándoas no corredor do primeiro andar e dándolles a comida e as atencións necesarias unha vez por semana, turnándono de tres en tres.

Fotografías verme-compost

Lagoa Mol

 

 

Por fin o alumnado do 3º ciclo fomos á Lagoa Mol (xa fora aplazada polo mal tempo). Está preto do aeroporto do Peinador e metida no campo de golf que lle comeu terreo. Durante a visita observamos as distintas especies vexetais dos montes darredor e tamén da Lagoa. Tamén vimos algúns animais como patos, corboráns …

Despois de cruzarmos a antigua carretera nacional en bus, pois non hai paso elevado fomos ver un muiño de auga, que está en desuso pero restauráronno. A monitora explicounos como era o seu funcionamento.

Nin siquera nos puidemos sentar a tomar o aperitivo, pois seguía chovendo.

EH! A Lagoa Mol sirve de nacemento do río Lagares. Sabiádelo?

 

 
Distribuir contido