Dinamización Lingüística

Madriñas e padriños

Un curso máis as Madriñas e os Padriños Lectores foron a EEI Monte da Guía a realizar o seu cometido: Ler un conto aos seus pequenos compañeiros.

   

     

Distribuíronse en once grupos polo fermoso xardín da escola.

En cada recuncho había un grupiño de nenos e nenas co seu padriño ou a súa madriña quen, de xeito moi responsable, se preparaban para ler ao escoitar a música “Rosalía Pequeniña” de Uxía Senlle. O comezo da música sería o sinal para empezaren a ler todos ao mesmo tempo.



     

 

 

 

             
   

 Leron cada un o seu conto e ao remataren, estes estupendos lectores recibiron un agasallo por parte dos pequerrechos.

Con todo o seu cariño fixeron para nós un marcador de páxinas que nos lembra ao escritor Xosé Mª Díaz Castro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2014.

Ademais, por se algún quere facer anotacións do que le, tamén lles regalaron un lapis longo, longo para que teñan con que escribir durante moito tempo.

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

     

 Grazas compañeiros e compañeiras de EEI Monte da Guía!!!

Seguiremos practicando a lectura para que non se perda esta bonita actividade!!!

Máis fotos na nosa GALERÍA DE FOTOS

Rimo e agaRimo

Aínda que pareza un xogo de palabras, Rimo e agaRimo é moito máis.

Esta actividade, promovida polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro xunto co da EEI Monte da Guía, pretende achegar a poesía en lingua galega ao noso alumnado, impulsar e fomentar a lectura, memorización e recitado da mesma.

O alumnado de 3º, baixo as indicacións da súa mestra, elixiu e preparou na clase un poema cada un para logo recitar ante os pequenos da EEI.

 No xardín da súa escola, baixo un sol fermoso e con música clásica de fondo, o alumnado foi recitando con moito agarimo os poemas.

Resultou unha actividade preciosa!

 

Contentos polo ben que o fixeron, volveron ao colexio cos seus Diplomas Honoríficos.

Cantamos os MAIOS

Visita o noso blog GALEGUEAMOS coa información sobre esta celebración.

Distribuir contido