A contorna en inverno

 

 

Esta vez foi o alumnado de 3º o que, da man de Eva F. Deza,

levou a cabo a andaina dende o colexio ata a Carballeira da

Guía para estudar e coñecer a nosa contorna en inverno.

 Equipados cos cadernos de campo que nos trouxo Eva,

fixemos a primeira parada dentro do noso patio para

observar o que, segundo nos dixo ela,

é o mellor acivro de Teis.

Estudamos a forma das súas follas e cunha lupa

especial observamos con detemento os seus froitos

vermellos que por certo saen no inverno.

O percorrido ata a carballeira foi moi interesante. Fixemos paradas sempre que Eva tiña algo interesante

que ensinarnos e nós, moi atentos, escoitabamos e iamos anotando no noso caderno todo

o que considerabamos importante.

Moitas grazas Eva por compartir connosco o teu tempo e os teus coñecementos.

Máis imaxes na nosa GALERÍA DE FOTOS