V ENCONTRO MUSICAL

                     No mes de maio tivemos no colexio a quinta xornada musical. Todo o alumnado e profesorado pasamos unha xornada adicada á música con distintas actividades entretidas e motivadoras.
 

Comezamos a xornada xogando algúns á Oca Musical. Fixemos grupos xuntando todos os cursos, tiramos o dado, movemos ficha e contestamos ás preguntas ou realizamos as probas que nos tocaron.

Foi moi entretido e aprendemos moito.

Mentres, outros grupos asistiron á exposición de instrumentos musicais construídos polo alumnado de 5º e 6º con material de reciclaxe. Descubrimos instrumentos moi chulos e raros

 

Despois, algúns compañeiros de 3º, 4º, 5º e 6º cursos invitáronnos a un concerto no que tocaban eles mesmos instrumentos tan distintos como: darbouka, frauta traveseira, clarinete, voz, teclado, guitarra clásica, trombón de varas e frauta doce. Que ben tocaron! O concerto estivo xenial!

Todo o alumnado do colexio fixemos instrumentos con materiais de reciclaxe, axudámonos uns a outros.

Os de 1º e 2º construíron pampineros e maracas, os de 3º e 4º, paus de choiva e os de 5º e 6º, unha cítara.

Foi moi divertida esta actividade!

 

 

Para rematar a xornada, intentamos facer danzas. Pero só deu tempo a bailar “Indo Eu” (Portugal), porque empezou a chover.

Que mágoa!

 

Grazas a todo o profesorado do cole por facer posible este día tan especial para todos nós.