SAMAÍN

Berrando e alborotando,

chegou á nosa festa

a superbruxa Vaimaspaghar,

cargada de enerxía

para aos malos espíritos

espantar!!!

Co seu cullerón

remexendo no pote,

recitou o seu conxuro

facendo teatro puro!!!

 

 E nós, que non iamos ser menos, contaxiados dos seus medos tamén recitamos os nosos,

algúns un pouco serios e outros máis graciosos!!!

     
 

  Nun escenario presidido pola Maga Fedorenta,

bailamos ao son da música de terror

todos xuntos con ledicia e bo humor!!!

A Maga Fedorenta,

arrodeada das nosas cabazas

tan lindas e cheas de imaxinación,

víase fermosa e molaba un montón!!!

Grazas ás familias pola súa colaboración e de maneira especial ás nais da ANPA

que sempre están aí botándonos unha man; unha non, centos de mans para argallar,

decorar, animar e incluso para darnos de merendar!!! VIVA O SAMAAAÍNNNN!!!

O ANO QUE VEN HAINO QUE REPETIR.

PIRIM,  PIM,  PIM!!!

Máis fotografías nos enlaces á nosa galería de fotos.

DECORACIÓN CABAZAS

FESTA DO SAMAIN