O pasado xoves o alumando do 2º ciclo visitamos a biblioteca pública “Xosé Neira Vilas”. Alí unha bibliotecaria ensinounos como era o funcionamento dunha biblioteca. Aprendemos sobre: |
|
*O préstamo de libros *Os diferentes espazos que hai: zona de prensa, multimedia, literatura, zona do coñecemento... *Como rexistrar un libro: en función do título, autor, e a partir de aí, póñense etiquetas de cores para clasificalos por temáticas. |
|
Despois Xián e Nerea fixeron o papel de bibliotecarios intentando atopar libros. | |
Ademais, tivemos a sorte de poder xogar a un “Pasapalabra” moi especial no que, para conmemorar O ano da ciencia, tiñamos que ir descubrindo nomes de inventos e inventores da nosa historia. | |
Para rematar a visita construímos unha pipa coa que o pasamos “pipa” e na que soprando por unha palliña tiñamos que manter no aire unha boliña. Con todo o que aprendemos nesta biblioteca xa non haberá libro que se nos resista!! |