O día 19 de maio os alumnos e alumnas de 6º fomos xogar á carballeira da Guía. Alí xuntámonos con nenos e nenas de 1º da ESO do instituto “A Guía” e con nenos e nenas de 6º do colexio “Eduardo Pondal”. |
|
Todos xuntos disfrutamos de xogos populares organizados polo alumnado de actividades físicas e deportivas do instituto de A Guía. Tivemos que facer catro grupos para ir xogando aos distintos xogos populares que había: a petanca, a comba, a carreira de sacos, a porca, o arrincanavos, o peletre, as chapas… |
|
|
Despois de xogar déronnos un bocata de tortilla, unha botella de auga e un libriño con todos os xogos explicados. Para despedirnos cantamos unha canción que se chamaba "O FLU".
PASÁMOLO FENOMENAL!!!! |