Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Día do libro

Prezados socios e socias:

 

Con motivo da celebración do Día do Libro, mañá, sábado, 23 de abril, a asociación Espazo Lectura, coa colaboración do Concello de Gondomar, terá lugar o XV Dar de ler coma quen dá de beber, unha sesión de lecturas compartidas en voz alta na que unhas 30 persoas lerán fragmentos de obras que queren compartir cos demais e recomendar. Con esta iniciativa pretendemos celebrar o Día do Libro lendo.

Aínda que a primeira ubicación que estaba prevista era nos xardíns da Casa Peralba, as condicións meteorolóxicas lévanos a que o acto se celebre no edificio do antigo Matadoiro de Gondomar. Con este acto, que comezará ás 19:30 horas e rematará sobre as 21:30 aproximadamente,  poñemos de manifesto a necesidade de levar a lectura a todos os espazos da vida pública. Non é preciso permanecer todo o tempo.

 

Agardámosvos!

 

 

O equipo de Espazo Lectura


 



page | by Dr. Radut