O cabalo de Santiago

O cabalo de Santiago

     No fondo do pobo das Searas hai un penedo que está xusto mirando cara o monte Castelo. Nese penedo hai dous buratos situados un deles un chisco mais adiante do outro. Eses buratos semellan as pegadas dun cabalo. Segundo din os veciños o apostol Santiago estivo por estas terras perseguindo ó mouros que vivían no alto do monte.  Nunha ocasión que ía montado no seu cabalo, este pegou un salto dende o punto mais alto do monte onde está o burato dos mouros e foi parar xusto enriba do penedo, foi tal o impacto do salto que quedaron as pegadas impresas na pedra.