O burato dos mouros

O burato dos mouros

     No alto do monte Castelo hai unha cova que lle chaman “o burato dos mouros”. Conta a lenda que nesa cova viviron os mouros durante moitos anos e crese que dentro deixaron un tesouro agochado. Ó entrar na cova, esta descende cara o fondo do monte e parece que non ten fin. Fai un tempo un veciño de Bóveda deixou na boca do burato unha pita con poliños e ó cabo dun mes apareceron no fondo do monte por enriba do pobo de Bóveda a pita e os poliños.

     O certo é que nesta zona hai moitas lendas que teñen ó mouros por protagonistas e este burato que existe na realidade é o centro de todas elas.