María e os mouros

María e os mouros

     Había unha vez unha nena que se chamaba María, todos os días encargábase de levar o gando ó monte. Un día encontrouse cunha manta chea de fabas, María colleu as fabas, encheu os petos e levoullas á súa nai que estaba facendo a comida. A nai preguntoulle onde collera as fabas e María díxolle que as collera no monte, entonces a súa nai encargoulle que fora por mais e ela obedecendo foi ó mesmo sitio por mais, pero cando chegou, collérona os mouros e comérona. A nai ó ver que María non chegaba foina buscar pero non a atopaba por ningures. Polo camiño atopouse cos mouros e  preguntoulle  se a viran e os mouros contestáronlle:

 -María, María aceite rixado na miña barriga.

     A nai de María comprendeu o que querían dicir e marchou chorando para a súa casa.