A moza e os mouros

A moza e os mouros

     Hai moito tempo no pobo de Vilar, había un matrimonio que tiña unha filla e un fillo. Un día foron a unha festa e alí os mouros roubáronlle á filla. Os pais estiveron todo o día buscando á nena pero non a encontraron. Pasados uns anos o fillo foi facer o servicio militar a Marrocos e alí encontrouse cunha moza branca moi guapa, el chamoulle Mora pero ela contestoulle:

 – Eu non son moura cabaleiro, son unha prisioneira dos mouros.  

     O mozo convidouna a irse con el e ela aceptou. Cando chegaron a España ó pasar por o monte Castelo ela empezou  a chorar e díxolle que alí era onde ía cando era pequena de caza co seu pai e co seu irmán. Empezaron a falar e o mozo descubriu que a rapaza era a súa irmá e levouna para casa.