O mozo e a serpe

O mozo e a serpe

 

Nas poulas de Vilar, chamadas as Enfías había unhas lagas, alí adoitaba estar unha moza peiteándose cun peite de ouro. Un día pasou por alí un mozo e ó ver aquela moza tan fermosa namorouse dela. Ela decatouse de que a estaban mirando e estiveron falando. A rapaza díxolle que se a quería que tiña que ter moito valor pois ela converteríase nunha serpe, subiría por el arriba e tería que darlle un bico, e se el se negaba, a ela mataríana, pero se el era valente e lle daba o bico, ela ía vir cargada de ouro, e ían vivir felices para sempre.

     Chegou o día, o mozo foi á poza e chegar apareceulle unha serpe que subiu polo mozo arriba pero cando lle chegou cerca da cara ó ver á serpe, o mozo  desmaiouse e caeu ó chan, pero  caeu para adiante e bicou á cobra, ela converteuse en moza e viviron felices para sempre.