A lenda do Bo Xesús de Trandeiras

A lenda do Bo Xesús de Trandeiras

     No mosteiro do Bo Xesús de Trandeiras, apareceulle a Virxe a unha nena. A Virxe contáballe cousas que ían pasar pero cando a nena llas contaba ós veciños, ninguén a cría. Co tempo, a medida que ía sucedendo aquilo que a nena contara non tiveron mais remedio que  crela.

Pero os viciños non lles gustaba que contara o que a virxe lle dicía así que para que non o contara, pechárona no mosteiro do Bo Xesús de Trandeiras e nunca mais se soubo dela. Din que aínda vive alí dentro pero non se sabe certo.