Lenda da pía de San Martiño

Lenda da pía de San Martiño

Nun lugar do monte do pobo de Porto chamado Prado novo, hai unha pía de pedra na que segundo a lenda, era onde bebía o cabalo do señor San Martiño, e está situada a uns cincuenta metros dunha gran cruz de pedra onde se pensa que en tempos houbo unha capela en honor a San Martiño.

     Na actualidade, na capela de Porto hai un autorrelevo de pedra con un gran valor artístico, coa imaxe do citado santo a cabalo, e que se pensa que  foi traído do monte ó quedarse todo en ruínas.

     Segundo a lenda, transmitida de xeración en xeración, a auga da choiva caída na pía ten propiedades curativas, e moita xente do lugar e dos arredores, van alí cheos de fe a lavarse con esa auga para que lle desaparezan as verrugas, co compromiso de que durante un ano non se volva pasar polo lugar. Se a promesa non se cumpre, non hai curación.