A lenda do lagarto

A lenda do lagarto

     Hai moitos anos en Portugal, contaban que cada dous anos baixaba un lagarto xigante que vivía no alto dun outeiro ó pobo para comerlle as colleitas ós agricultores. Unha noite, un matrimonio estaba rezando para que o lagarto non lle esnaquizara a colleita cando, de repente, apareceulle a Virxe e díxolles que ó día seguinte cando aparecera o lagarto que  lle entregaran á súa filla. Os pais ó escoitar tal proposición negáronse pero a Virxe respondeulles que se crían nela que lla entregaran á primeira hora do día. E así foi, ó día seguinte ó saír o sol levaron á nena ó pe do outeiro, o lagarto baixou do outeiro cara o pobo, pero cando o ía comer á rapaza, apareceu a virxe, soproulle e converteuno en pedra.