O cazador

Para xogar facemos pelotas con papeis vellos ben apretados e cubertos con cinta adhesiva.

É un xogo de pillar no que un fai de cazador e os outros de coellos/as. O cazador tenta cazar a todos os coellos coa pelota, cada coello cazado convírtese en can de caza e axuda a cazar ó resto dos coellos.

Normas:

- Non se pode saír do terreo de xogo.

- Só se caza dando de cheo coa pelota.

- A pelota pode ser pasada a outro cadelo ou ó cazador.

- Se o cazador reclama a pelota tenlle que ser pasada.

- O único que pode correr coa pelota na man é o cazador, os cans cando collen a pelota ten que estar quietos.