O Chavelo

É un xogo de chapas. As chapas fanse machacando as tapas de botellas de refrescos.

No chan colócanse dúas pezas de madeira que delimitan unha liña. Na primeira parte hai conseguir tirar a chapa o mais preto posible da liña. A distancia da chapa á liña determina a orde en que van xogar os participantes na segunda fase.

Na segunda fase o primeiro que temos que facer e por cada un un número determinado de chapas segundo se acorda previamente. Agora xúntanse os dous anacos de madeira colocando un por enriba do outro e en perpendicular facendo coma un balancín. Poranse todas as chapas enriba da punta que está no chan. Elixirá cara ou cruz e lanzará as chapas. Tódalas que caian na posición elixida serán para el. As que quedan tentará conseguilas o seguinte xogador e asi sucesivamente.

O que queda sen chapas queda eliminado e o gañador é o que consegue todas as chapas.