O pano do río

Xogo de dous equipos co mesmo número de xogadores. Sempre se xogaba terreo chan, con herba e á veira dun río. Se o terreo está mollado moito mellor, desta maneira os xogadores que ten que resbarar polo chan collen mais velocidade.

Os membros dun equipo sitúanse en fila un detrás de outro e os dous equipos enfrentados. Diante de cada un hai unha liña no chan e no medio outra, nesta última ponse unha pedra.

Cada membro do equipo ten un número.

A "nai" é a responsable de dicir un número e os dous xogadores que teñen ese número deben saír correndo, dar unha volta á fila do equipo contrario e voltar á súa fila pasando deitado por entre as pernas dos compañeiros e coller a pedra. O primeiro que a colla será o gañador e o outro quedará descalificado pasando o seu número a outro compañeiro.