Skip to Content

arquivo

DÍA DA PAZ

Celebramos o Día Internacional da Paz e a Non Violencia coa lectura do noso manifesto olímpico, o encendido da chama e a cerimonia de apertura cuns bailes multiculturais. Durante toda a semana o facho olímpico recorreu todas as clases onde se encheu de palabras que axudan á convivencia pacífica. Aquí tedes unhas imaxes do momento no que se fixeron os intercambios. 

Facho olímpico from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

E velaí uns momentos da nosa cerimonia de apertura, a ver ese espíritu de concordia nos acompaña durante todo o ano! 

 

Cerimonia de apertura I from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

 

 

A NOVA BIBLIO

Renovamos a biblioteca: case 5000 libros recatalogados, deseño de novos espazos para adaptarnos aos novos tempos e ao novo concepto de bibliotecas creativas, mobiliario adaptado en altura e accesible, sinalización con pictogramas... Velaí un pequeno vídeo!

Nova biblio from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

MANDADIÑOS DO MECO

CANTIGA DO ENTROIDO

Aquí tedes a letra da canción (música e letra) que sona por megafonía para as entradas e saídas: fusión galego-flamenca.  

NOVIDADES SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS

EstEs son algúns dos materiais novos para traballar o tema dos Xogos Olímpicos.

ENTROIDO OLÍMPICO

Este Entroido 2020 todo o centro nos vestimos de olimpíadas: deportistas, medallistas, símbolos como o facho e representantes dende a antigüidade (Grecia) ata os nosos días (Tokio 2020). Non vos pensedes, detrás de todo o traballo de elaboración manual tamén hai un de investigación xa que tivemos que documentarnos ben para elaborar os carteis que nos identificaban. Ademais durante toda a semana seguimos os mandadiños do Meco e o venres como colofón degustamos orellas e rosquillas. Que ben que o tempo nos acompañou e puidemos saír a facer o pasarrúas pola vila, aquí vos deixamos unhas imaxes destes festivos momentos! Un gran día!