Skip to Content

Orientación

Buzóns das emocións

Este último trimestre foron aparecendo nas portas das aulas estas vistosas caixas do correo feitas con materiais de refugallo. Nelas, o  alumnado pode depositar notas anónimas coas que expresar os seus sentimentos, inquedanzas, preocupacións...

   
     

Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2023-2024

 

O MEC acaba de publicar a convocatoria das becas para o próximo curso, destinadas ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

O prazo para solicitalas comeza o día 8 de maio e remata o 20 de setembro.

Se tedes calquera dúbida, consultade co departamento de orientación do centro.

Charla de formación para familias

Comezamos o trimestre cunha nova charla de formación para familias. Nesta ocasión participarán tamén os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria.

O psicólogo, Óscar Paramos, faranos reflexionar sobre o uso que facemos das redes para intentar melloralo en canto a seguridade e responsabilidade.

Animádevos a asistir, seguro que nos aportará moito!!! Agardámosvos o luns 24 ás 11:45 h no espazo Maker do centro.

2 de abril, día mundial de concienciación do autismo

Dende o centro queremos sumarnos á conmemoración do Día Mundial do Autismo, comprendendo e dando visibilidade ás persoas do espectro autista, promovendo a súa participación  e a igualdade de oportunidades na sociedade.

A rapazada de infantil felicítanos o Nadal

Os cativos e cativas de infantil celebran o Nadal bailando esta canción do Apalpador.

Bo Nadal para toda a Comunidade Educativa do Ceip Sestelo-Baión!!!

3 de decembro: Día Internacional das persoas con discapacidade

Esta semana quixemos visibilizar e dar protagonismo ás persoas invidentes e para iso contamos coa visita de Marian, traballadora da ONCE, que explicou aos rapaces e rapazas como é o seu día a día, as dificultades que atopa debidas á perda de visión e coñecer as estratexías e medios que empregan as persoas con esta discapacidade para normalizar as súas vidas. Como dixo Marian "empregamos distintos camiños para chegar á mesma meta".

Tamén realizamos un obradoiro con materias emprestados pola ONCE que permitirón aos nenos e nenas poñerse na pel das persoas cegas, realizar diferentes actividades e xogos sen empregar a visión e coñecer o sistema de escritura en Braille. (Ver fotos)

Pautas para a elección de agasallos de Nadal

As familias do Ceip Sestelo-Baión tiveron a oportunidade de coñecer pautas básicas para a elección dos agasallos infantís nas datas que se achegan e tamén compartir co psicólogo infantil, Óscar Páramos, as súas dúbidas e inquietudes. Foi unha formación moi amena e interesante

Óscar deixounos a presentación que empregou na  charla para así lembrar o tratado e afondar noutros contidos.

 

Inspira STEAM

Inspira STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts & Mathematics) é un proxecto da Universidade de Vigo para o fomento da vocación científica-tecnolóxica, especialmente entre as nenas.

Este curso o noso centro participa nesta iniciativa. O venres comezamos a primeira das seis sesións que conforman o proxecto. As nosas mentoras son Silvia e Silvana, as dúas son enxeñeiras, en telecomunicacións e de minas respectivamente. Ao longo das distintas xornadas falarannos do papel que tiveron ata agora as mulleres na ciencia e coñeceremos algunhas das máis destacadas, que a pesar de moitas veces quedar á sombra, tiveron un papel fundamental no desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía. Trátase de crear referentes femininos que inspiren ás nosas nenas nas súas futuras eleccións vocacionais.

Matemáticas en familia

Dende a casa podemos estimular o pensamento e o razoamento matemático dos nenos e nenas dende ben pequenos/as. Nesta guía ofrécense ideas e actividades divertidas da vida real relacionadas coas matemáticas. Tamén proporciona unhas pequenas pautas de como podemos axudar aos rapaces na resolución de problemas. Pincha na imaxe para visualizar este recurso.

Guia familiar para a estimulación da linguaxe

Pinchando sobre a imaxe accederás a unha guía con recomendacións para estimular a linguaxe oral nos nenos e nenas.

Distribuir contido


by Dr. Radut