Skip to Content

Publicacións, A bubela, Bolboreta de papel, Morea, Proxectos, Chíos polo 25 aniversario, Blogues, Blogue Edlg

Bolboreta de Papel nº. 4

Un novo número do boletín da biblioteca escolar con cambio de formato e colaboracións do alumnado de sexto de primaria. Accede ao PDF:

Bolboreta de Papel n.º 4

Chíos

Revista Morea

A Revista Morea é a revista escolar do CEIP de Sestelo-Baión desde 1992. Con tempo, e aproveitando o 25 aniversario do colexio, propoñémonos publicar todas as portadas das revistas e mesmo o seu contido para descargar en formato PDF.

 

A Bubela n.º 4

Sae hoxe un novo número do boletín dos alumnos e alumnas de 5.º de Primaria. A principal novidade é o aumento de páxinas a catro. Neste novo número hai información sobre animais, deportes e monumentos do mundo. Tamén se inclúen redaccións e algunha breve entrevista.

A Bubela n.º 3

É unha grande alegría retomar a publicación do boletín informativo A Bubela, o que elaboran os nenos e nenas de terceiro ciclo co profe David. Neste novo número que coincide co Nadal hai artigos de opinión moi interesantes, unha lembranza dos dez anos da catástrofe do Prestige e algunha que outra historia curiosa.

Agardamos corrixir os fallos e mellorar para a publicación do número catro xa no ano 2013.

Bolboreta de Papel nº 2

Xa temos un novo número do boletín da biblioteca. Nel informamos das novidades para este curso e lembramos as normas básicas de funcionamento.

Bolboreta de Papel nº. 1

Bolboreta de Papel é o boletín informativo da Biblioteca escolar. Contén suxerencias de lectura, información sobre novos libros adquiridos, autores da literatura infantil e xuvenil, etc.

A Bubela nº. 2

Xa temos aquí o segundo número do boletín dos alumnos de 5º. de Primaria. Destaca na portada a noticia sobre o tsunami de Xapón que cobriu Adriana Bistilleiro. O resto de traballos tamén merecen a pena. Felipe Rivas achéganos os equipos de fútbol máis destacados do Salnés, a nosa comarca. A columna de opinión correu a cargo de Aarón Iglesias. Outras curiosidades naturais completan o boletín.

O vindeiro número está previsto para o día 1 de abril.

A Bubela nº. 1

O 4 de marzo publicamos o primeiro número do noso boletín informativo.

Distribuir contido


by Dr. Radut