Skip to Content

Publicacións, A bubela, Bolboreta de papel, Morea, Proxectos, Chíos polo 25 aniversario, Blogues, Blogue Edlg

Nace un novo xornal

Os alumnos de 5º de Primaria, xunto co seu titor, organizáronse en consello de redacción ao comezo deste mes de marzo para a publicación periódica dun boletín informativo que leva por nome "A Bubela".

Comezamos con modestia e pouco a pouco. O primeiro número publicado o 4 de marzo só contaba con dúas páxinas pero recollía traballos de todos os redactores e tamén do propio mestre. Pretendemos que a calidade do traballo vaia mellorando e nun principio contamos con sacar un novo número cada quince días, é dicir, venres si e venres non.

Arestora estamos ultimando os detalles do segundo número que tamén publicaremos aquí, na páxina oficial do colexio.

O consello de redacción quedou formado por: David Paz, como coordenador, e Vanesa Andrade, Jesús Baños, Adriana Bistilleiro, Aarón Iglesias, Carolina Muñiz, Kevin Núñez e Felipe Rivas como redactores.

Distribuir contido


by Dr. Radut