Skip to Content

Proxecto do centro

Exposición Personaxes do Entroido Galego

Nestas datas tan festivas o alumnado do centro fixo un proxecto de investigación sobre algunhas das personaxes do Entroido galego. Cada nivel escolleu unha destas figuras e preparou un cartel con información sobre ela (localización, vestimenta, orixe...).

Na entrada do cole expuxemos os resultados destas investigacións e aproveitamos para facer un xogo de preguntas sobre esta celebración. Cada grupiño de nenos/as tiña que resolver as cuestións buscando información a través dos códigos QR dos carteis.  (ver máis fotos)

 

Caracois

Unha simpática caixiña amarela garda no seu interior cinco libriños para os máis cativos do colexio. Son historias de caracois. Caracol e Caracola descobren reflexados nun charquiño que eles dous son ben bonitos.

Os cinco libros teñen páxinas duras e cores moi vivas. Atoparédelos no recanto da biblioteca dedicado aos máis pequenos, a eses que queremos mimar especialmente porque son os lectores do futuro.

O dinosauro "Dakota"

Recibimos hai días un libro con imaxes espectaculares. Trátase de "Dinomomia" (Macmillan), no que se conta todo sobre as tarefas de excavación e descubrimento dos restos do dinosauro "Dakota". Ademais inclúense datos sobre moitos outros dinosauros. En resumo, un éxito seguro de lectores, ou polo menos de "olladores".

Unha branca de neve espectacular

No andel de novidades da biblioteca podemos atopar esta semana unha edición en castelán do clásico "Blancanieves" dos irmáns Grimm. Trátase dun álbum publicado por Edicións Zeta no que son de salientar as fermosas ilustracións de Pep Montserrat. Un libro para mirar e remirar con calma.

.

Animais para os primeiros lectores

Chegaron á biblioteca e xa están expostos no andel de novidades os libros da colección da editorial Combel especialmente dirixida aos primeiros lectores. A vaca, o cabalo, a ovella e outros animais da granxa resultan sempre moi atractivos para os nenos e nenas destas idades. Os libros, de pasta dura, e moi manexables combinan bonitos debuxos con fotografías de cada animal. Ademais, para os nenos con máis interese e curiosidade, inclúen un apartado con información máis detallada de cada un deles. Animádevos a coller emprestado o voso favorito!

Animais para os primeiros lectores
Distribuir contido


by Dr. Radut