Skip to Content

Dinam. Linguíst.

As cabazas de Samaín

Xa estamos a preparar as exposicións de cabazas do Samaín!!!

Teremos unha exposición que expoñeremos na entrada do cole e que poderedes visitar e a exposición virtual de fotografías que publicaremos en Agueiro e nesta páxina web.

Animádeos a participar con terrorríficas cabazas !!!

 

23 de febreiro: Día de Rosalía

Dende a equipa de dinamización lingüística do centro solicitan a colaboración do alumnado nesta actividade.

Anímate e participa, estás a tempo!!!

 

 

11 de febreiro: Día da muller e a nena na Ciencia

As nenas e nenos de sexto de primaria participaron este curso nun proxecto da universidade de Vigo: Inspira STEAM.  A través de actividades lúdicas coñeceron perfís de mulleres tecnólogas co fin de inspirar as vocacións científicas e tecnolóxicas, principalmente entre as nenas.

Aproveitando a conmemoración do día 11 de febreiro “Día internacional da muller e a nena na ciencia” quixeron compartir cos seus compañeiros e compañeiras máis cativos, algunhas das cousas aprendidas con esta experiencia. Organizados en pequenos grupos acudiron a todas as aulas do centro para expoñer traballos relacionados con mulleres científicas ou para amosar pequenos experimentos científicos.

Agardamos espertar nas nosas nenas e rapazas a interese pola ciencia e a tecnoloxía e, deste xeito romper coa brecha de xénero.

Distribuir contido


by Dr. Radut