Skip to Content

11 de febreiro: Día da muller e a nena na Ciencia

As nenas e nenos de sexto de primaria participaron este curso nun proxecto da universidade de Vigo: Inspira STEAM.  A través de actividades lúdicas coñeceron perfís de mulleres tecnólogas co fin de inspirar as vocacións científicas e tecnolóxicas, principalmente entre as nenas.

Aproveitando a conmemoración do día 11 de febreiro “Día internacional da muller e a nena na ciencia” quixeron compartir cos seus compañeiros e compañeiras máis cativos, algunhas das cousas aprendidas con esta experiencia. Organizados en pequenos grupos acudiron a todas as aulas do centro para expoñer traballos relacionados con mulleres científicas ou para amosar pequenos experimentos científicos.

Agardamos espertar nas nosas nenas e rapazas a interese pola ciencia e a tecnoloxía e, deste xeito romper coa brecha de xénero.



page | by Dr. Radut