Skip to Content

Extraescolares

Saída fin de curso: Casa do Patrón

Xa tiñamos ganas de saír todos xuntos e ter unha xornada de convivencia e lecer. O destino elexido foi o Museo Etnográfico Casa de Patrón en Lalín. Trátase dun museo rural que conta con moitas salas de exposición ao longo da aldea. Puidemos observar como era unha escola do seculo pasado, coñecer os hábitos dos nosos devanceiros e oficios esquecidos. Tamén fixemos un pequeno roteiro e visitamos un castro.

Nas fotos podedes ver o ben que o pasamos!!!!!

Álbum: Curso 2022/2023 -> Casa do Patrón

Visita ao Pazo de Vista Real

O alumnado de terceiro a sexto de primaria visitou o pazo de Vista Alegre en Vilanova. Membros do obradoiro de turismo e xardinería do concello acompañáronnos na visita e con eles coñecimos a historia deste expectacular lugar, soubemos como eran as costumes  da época e ensináronnos outras curiosidades  de Vilanova. Tamén visitamos o invernadoiro e ata fomos quen de plantar unha leituga que despois levamos para casa.

A actividade foi moi interesante e divertida. Agradecemos ao concello a organización da mesma.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Pazo de Vista Real

Paula Carballeira

A escritora e actriz Paula Carballeira estivo no noso centro para desenvolver un obradoiro de tradición oral.

Paula é unha gran contadora de historias e disfrutamos moito escoitando os seus contos e "historias familiares".

Ao remate asinou  exemplares dos seus libros entre o noso alumnado.

(Pincha na imaxe para ver máis fotos)

Álbum: Curso 2022/2023 -> Paula Carballeira

O Entroido en Baión

O venres celebramos a festa do Entroido cun gran desfile do alumnado e profesorado, xogos musicais e merenda con produtos típicos destas datas. As familias acompañáronnos neste día tan especial e con elas compartimos xogos, música e diversión.

Podedes ver fotos desta xornada pinchando na imaxe.

 

Álbum: Curso 2022/2023 -> Entroido 2023

"Cada cousa ten o seu sitio"

A empresa Valoriza, a mancomunidade do Salnés e o concello de Vilanova puxeron en marcha unha campaña de educación e concienciación sobre a importancia da reciclaxe. Hoxe estiveron no noso cole para sensibilizar aos rapaces e rapazas da importancia de intentar reducir  a produción de residuos e no caso de telos, saber reciclalos para darlles unha segunda vida e evitar problemas medioambientais.

A través de actividades lúdicas, contos e resolución de retos aprenderon a reciclar correctamente os residuos nos distintos contedores e servizos existentes no concello.

(pincha na imaxe)

Álbum: Curso 2022/2023 -> "Cada cousa no seu sitio"

Os Mandadiños do Entroido

Comeza o Entroido! Anímate a participar vestindo cada día dun xeito divertido!!!

(pincha na imaxe)

Álbum: Curso 2022/2023 -> Os mandadiños do Entroido

O Día da Paz

Hoxe conmemoramos o Día da Paz facendo entre todo o alumnado o "Conxuro da Paz".

Cada grupo de alumnos/as buscou os ingredentes necesarios para conseguir este ben tan prezado, a paz: empatía, amizade, paciencia ... Todos foron a parar a unha gran pota na que queceron e así conseguimos a fórmula máxica que propicie a paz, o respecto e a convivencia entre todos nós. (pincha na imaxe para ver máis fotos)

Álbum: Curso 2022/2023 -> Día da Paz

As badaladas de Noitevella

Non queriamos despedir este ano sen celebrar todos xuntos a Noitevella. No vídeo podedes ver o ben que o pasamos!!!

25 de novembro, Día contra a violencia de xénero

"Sí ao bo trato" Este foi o lema co que queriamos visibilizar  e reflexionar co noso alumnado sobre esta lacra social, fomentando actitudes de respecto e  tolerancia.

Algunhas das actividades que realizamos foron: contacontos dos axentes da biblioteca, carteis, exposición de contos sobre este tema, taboleiro coas reflexións dos nenos e nenas...

 

Magosto con xogos populares

Castañas e xogos populares para celebrar o magosto en Baión.

O 11 de novembro, día de San Martiño, foi unha xornada especial, chea de diversión.  Puidemos xogar como o facían os nosos maiores. Estes enredos foron todo un éxito entre  os nenos, nenas  e profes. Os xogos pertencen á colección de xogos populares da Concellaría de Xuventude do Concello do Grove a que agradecemos o seu empréstito así como a Cándido Mascato que é o responsable da colección.

(ver fotos)

Distribuir contido


by Dr. Radut