Skip to Content

Extraescolares

25 de novembro, Día contra a violencia de xénero

"Sí ao bo trato" Este foi o lema co que queriamos visibilizar  e reflexionar co noso alumnado sobre esta lacra social, fomentando actitudes de respecto e  tolerancia.

Algunhas das actividades que realizamos foron: contacontos dos axentes da biblioteca, carteis, exposición de contos sobre este tema, taboleiro coas reflexións dos nenos e nenas...

 

Magosto con xogos populares

Castañas e xogos populares para celebrar o magosto en Baión.

O 11 de novembro, día de San Martiño, foi unha xornada especial, chea de diversión.  Puidemos xogar como o facían os nosos maiores. Estes enredos foron todo un éxito entre  os nenos, nenas  e profes. Os xogos pertencen á colección de xogos populares da Concellaría de Xuventude do Concello do Grove a que agradecemos o seu empréstito así como a Cándido Mascato que é o responsable da colección.

(ver fotos)

Samaín

Hoxe celebramos o día de Samaín acompañados de cabazas terroríficas, cadaleitos, lápidas, ánimas ...  e ata da Santa Compaña. A entrada do centro foi ambientada de xeito moi arrepiante.

Ao longo da mañán fixemos actividades relacionadas con esta  antiga tradición galega e visitamos a exposición de cabazas realizadas polo alumnado coa axuda das familias.

Pakolas en Baión

E...para case rematar o curso tivemos a actuación de Pakolas que nos presentou o seu último traballo "Ramona Órbita" Moito ritmo e moita enerxía a que transmite este músico!

As nenas e nenos disfrutaron do concerto cantando e bailando todos os temas do album.

 

Teatro Tarabelos "Debulendo lendas"

O mércores, 18 de maio, conmemorando o día  das Letras Galegas, tivemos a magnífica actuación de Tarabelos “Debulendo Lendas Galegas”. Esteban ofreceunos un espectáculo de contacontos, no que debuxamos xuntos descubrindo o valor das lendas galegas

PORTAS DE NADAL

O cole xa está preparado para o Nadal!!! Cada aula adornou a súa porta. Monecos de neve, Apalpadores, elfos e renos acompañáronnos estes días.

Os nenos e nenas, axudados das súas familias, recrearon a figura do Apalpador e fixemos unha exposición con todos estes traballos.

 

(ver fotos portas) (ver fotos apalpadores)

O ceip Sestelo desexa á toda a comunidade educatica un bo Nadal e un feliz Aninovo!

"Sabela e o paxaro máxico" de Tarabelos Teatro

O día 15 de decembro tivemos a oportunidade de asistir no patio cuberto do centro  a unha representación teatral "Sabela e o paxaro máxico" de Tarabelos teatro. Esta actividade, organizada pola anpa do centro,  foi moi divertida e gustou moito a todos os nenos e nenas.

Agradecemos á anpa por ofrecernos esta actividade.

Xogos tradicionais

A semana do 15 ao 19  de novembro adicámola aos xogos populares galegos. Os xogos foron emprestados pola Concellaría de Xuventude do Concello do Grove, pertencentes á gran colección que posúen.

Os nenos e nenas disfrutaron moito con eles. É un gran xeito de conservar as nosas tradicións e a nosa cultura.

 (ver fotos)

Distribuir contido


by Dr. Radut