Skip to Content

Animación á lectura

Paula Carballeira

A escritora e actriz Paula Carballeira estivo no noso centro para desenvolver un obradoiro de tradición oral.

Paula é unha gran contadora de historias e disfrutamos moito escoitando os seus contos e "historias familiares".

Ao remate asinou  exemplares dos seus libros entre o noso alumnado.

(Pincha na imaxe para ver máis fotos)

Álbum: Curso 2022/2023 -> Paula Carballeira

Concurso de Reviralinguas

Anímate e participa!!!

23 de abril, Día do libro VIVAN OS CONTOS!!!

Os máis cativos e cativas do cole ensínannos os seus contos preferidos.

 

Día do libro, 23 de abril, Día do Libro LENDO MEDRAMOS

As pequenas e os pequenos de Infantil compartiron portada cos seus contos preferidos. 

BOOKFLIX

Para conmemorar o Día do libro e organizado pola equipa da biblioteca, realizamos un "BookFlix". Neste proxecto recolléronse  "Os Top 5", libros máis lidos nos distintos niveis,  "Tendencias", libros máis solicitados na biblioteca e as "Recomendacións" dos lectores e lectoras aos seus compañeiros/as.

 

 

O Xardín dos Versos

21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O XARDÍN DOS VERSOS

Hoxe conmemoramos o Día da Poesía e ... que mellor que facelo escribindo versos?

Ao final da semana intercambiaremos as poesías escritas polas nenas e nenos do cole.

Teatro de monicreques coa Xanela do Maxín

Os máis pequenos do cole asistiron á representación de monicreques que tivo lugar no centro "O Apalpador e a Nena sen medo" da compañia A Xanela do Maxín. O Nadal achégase e a Nena sen medo lle escribe unha carta moi especial ao Apalpador, pedíndolle un desexo: palabras para encher o corazón e coas que poder voar en soños.

Madriñas e padriños de lectura

Este venres tivo lugar o sorteo de padriños e madriñas de lectura. Despoís de dous cursos sen poder realizar esta actividade, puidemos retomala de novo. O sorteo realizouse no patio do recreo. Nenos e nenas estaban moi nerviosos e expectantes por coñecer ao compañeiro/a que lle "tocaria" como padriño, madriña, afillado ou afillada.

Unha vez realizados os emparellamentos, tiveron un ratiño para estar xuntos e xogar. Os padriños e madriñas acompañaron aos seus afillados/as ás súas aulas para coñecer ao resto dos compañeiros/as e as súas clases.

A partir de agora comezan un camiño onde compartirán lecturas, xogos e actividades ao longo do curso! (pincha na imaxe para ver as fotos)

Álbum: Curso 2022/2023 -> Madriñas e padriños de lectura

Teatro Tarabelos "Debulendo lendas"

O mércores, 18 de maio, conmemorando o día  das Letras Galegas, tivemos a magnífica actuación de Tarabelos “Debulendo Lendas Galegas”. Esteban ofreceunos un espectáculo de contacontos, no que debuxamos xuntos descubrindo o valor das lendas galegas

Distribuir contido


by Dr. Radut