Skip to Content

Animación á lectura

Teatro de monicreques coa Xanela do Maxín

Os máis pequenos do cole asistiron á representación de monicreques que tivo lugar no centro "O Apalpador e a Nena sen medo" da compañia A Xanela do Maxín. O Nadal achégase e a Nena sen medo lle escribe unha carta moi especial ao Apalpador, pedíndolle un desexo: palabras para encher o corazón e coas que poder voar en soños.

Madriñas e padriños de lectura

Este venres tivo lugar o sorteo de padriños e madriñas de lectura. Despoís de dous cursos sen poder realizar esta actividade, puidemos retomala de novo. O sorteo realizouse no patio do recreo. Nenos e nenas estaban moi nerviosos e expectantes por coñecer ao compañeiro/a que lle "tocaria" como padriño, madriña, afillado ou afillada.

Unha vez realizados os emparellamentos, tiveron un ratiño para estar xuntos e xogar. Os padriños e madriñas acompañaron aos seus afillados/as ás súas aulas para coñecer ao resto dos compañeiros/as e as súas clases.

A partir de agora comezan un camiño onde compartirán lecturas, xogos e actividades ao longo do curso! (pincha na imaxe para ver as fotos)

Álbum: Curso 2022/2023 -> Madriñas e padriños de lectura

Teatro Tarabelos "Debulendo lendas"

O mércores, 18 de maio, conmemorando o día  das Letras Galegas, tivemos a magnífica actuación de Tarabelos “Debulendo Lendas Galegas”. Esteban ofreceunos un espectáculo de contacontos, no que debuxamos xuntos descubrindo o valor das lendas galegas

23 de abril Día do libro

Conmemoramos este ano o día do libro cunha actividade moi divertida: BOOKFACE

Trátase de crear unha imaxe na que nos fundimos coa portada dun libro. A creatividade do alumnado de Baión é máis que evidente. Goza coas súas produccións. (ver imaxes)

O alumnado de infantil ensinounos os seus contos favoritos "No tendal dos contos" instalado na planta baixa do colexio.

   
Distribuir contido


by Dr. Radut