Skip to Content

Nace un novo xornal

Os alumnos de 5º de Primaria, xunto co seu titor, organizáronse en consello de redacción ao comezo deste mes de marzo para a publicación periódica dun boletín informativo que leva por nome "A Bubela".

Comezamos con modestia e pouco a pouco. O primeiro número publicado o 4 de marzo só contaba con dúas páxinas pero recollía traballos de todos os redactores e tamén do propio mestre. Pretendemos que a calidade do traballo vaia mellorando e nun principio contamos con sacar un novo número cada quince días, é dicir, venres si e venres non.

Arestora estamos ultimando os detalles do segundo número que tamén publicaremos aquí, na páxina oficial do colexio.

O consello de redacción quedou formado por: David Paz, como coordenador, e Vanesa Andrade, Jesús Baños, Adriana Bistilleiro, Aarón Iglesias, Carolina Muñiz, Kevin Núñez e Felipe Rivas como redactores.



page | by Dr. Radut