Skip to Content

Orientación

Inspira STEAM

Inspira STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts & Mathematics) é un proxecto da Universidade de Vigo para o fomento da vocación científica-tecnolóxica, especialmente entre as nenas.

Este curso o noso centro participa nesta iniciativa. O venres comezamos a primeira das seis sesións que conforman o proxecto. As nosas mentoras son Silvia e Silvana, as dúas son enxeñeiras, en telecomunicacións e de minas respectivamente. Ao longo das distintas xornadas falarannos do papel que tiveron ata agora as mulleres na ciencia e coñeceremos algunhas das máis destacadas, que a pesar de moitas veces quedar á sombra, tiveron un papel fundamental no desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía. Trátase de crear referentes femininos que inspiren ás nosas nenas nas súas futuras eleccións vocacionais.

Matemáticas en familia

Dende a casa podemos estimular o pensamento e o razoamento matemático dos nenos e nenas dende ben pequenos/as. Nesta guía ofrécense ideas e actividades divertidas da vida real relacionadas coas matemáticas. Tamén proporciona unhas pequenas pautas de como podemos axudar aos rapaces na resolución de problemas. Pincha na imaxe para visualizar este recurso.

Guia familiar para a estimulación da linguaxe

Pinchando sobre a imaxe accederás a unha guía con recomendacións para estimular a linguaxe oral nos nenos e nenas.

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NEAE PARA O CURSO 2020-2021

Convocadas axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o este curso 2020-2021.

As solicitudes deberán cumplimentarse mediante un formulario accesible a través deste LINK. 

Unha vez cumplimentada a solicitude telemática, deberá imprimir o modelo de solicitude en ficheiro pdf e presentalo coa sinatura de todos os membros computables da familia no centro, así como coa documentación requerida. 

Distribuir contido


by Dr. Radut