Skip to Content

3 de decembro: Día Internacional das persoas con discapacidade

Esta semana quixemos visibilizar e dar protagonismo ás persoas invidentes e para iso contamos coa visita de Marian, traballadora da ONCE, que explicou aos rapaces e rapazas como é o seu día a día, as dificultades que atopa debidas á perda de visión e coñecer as estratexías e medios que empregan as persoas con esta discapacidade para normalizar as súas vidas. Como dixo Marian "empregamos distintos camiños para chegar á mesma meta".

Tamén realizamos un obradoiro con materias emprestados pola ONCE que permitirón aos nenos e nenas poñerse na pel das persoas cegas, realizar diferentes actividades e xogos sen empregar a visión e coñecer o sistema de escritura en Braille. (Ver fotos)

O día internacional das persoas con discapacidade foi declarado en 1999 polas Nacións Unidas. O obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade. 

 

 



page | by Dr. Radut