Skip to Content

A ESTIMULACIÓN MULTISENSORIAL E O ENTORNO

 

Queremos compartir con vós neste post, un pouco de información para que entendades tamén, porque nos plantexamos a conveniencia deste espazo no centro.

A estimulación multisensorial é a presentación controlada de estímulos a través dos canais sensoriais cunha función eminentemente terapéutica e/ou educativa.

É unha potente ferramenta que segundo as evidencias permite:

A nivel social: Aumenta condutas prosociais e promove condutas adaptativas con xeneralización.

En canto a emoción e conduta: Estado emocional positivo, sensación de intimidade e relaxación. Diminúe as condutas disruptivas.

No ámbito Cognitivo: Efecto positivo sobre a concentración. Estado de alerta e resposta ao contexto Mellora a calidade de vida: actividades acordes ao perfil sensorial Organización e regulación da percepción e a acción, e con elo, da linguaxe, o pensamento, a emoción e incluso a memoria. Intervención en primeiras etapas comunicativas Estimulación cognitiva.

A nivel Sensoriomotor: Procesamento sensorial Habilidades motoras funcionais Conciencia de sí mesmo ferramentas para rehabilitar o equilibrio e a marcha Modelo sensoristasis

O que se pretende con este espazo é estimular dende a súa etapa evolutiva, habilitar contextos facilitadores, unha interacción que lle permita construír aprendizaxes e xerar nos nenos e nenas sentimentos de competencia.

 

ENTORNO MULTISENSORIAL

"Un lugar donde se pueden desarrollar las estimulaciones básicas del desarrollo y, por tanto, emerja el placer sensomotriz: expresión evidente de la unidad de la personalidad del niño, puesto que crea unión entre las sensaciones corporales y los estados tónicoemocionales y permite el establecimiento de la globalidad”(Aucouturier ,1985)

É un ambiente de estímulos controlados, onde se facilita a exploración, o descubrimento e o goce de diferentes experiencias sensoriais

Que posibilita un despertar sensorial mediante sensacións primitivas, intensas, holísticas, de alto contido emocional que xeneren respostas adaptadas.

É un entorno enriquecido que pode influír na estrutura do cerebro mediante os mecanismos de plasticidade cerebral dependente da experiencia

Un entorno accesible física y cognitivamente, dotado de elementos que proporcionan estímulos preferentemente primarios.

Facilita a comprensión do medio e de un mesmo e invita á exploración.

 

Os materiais dos que queremos dotar a aula permitirán traballar os tres sistemas sensoriais: exteroceptivo, propioceptivo e interoceptivo.

Neste espazo son múltiples os obxetivos de intervención que se poden plantexar neste entorno:

  • Respostas ante variacións de estímulos (visuais, táctiles, propioceptivos, etc.)
  • As emociones e os recordos
  • Narración e comunicación: comprensión, descrición, relacións, vivencias, etc.
  • O ritmo e o movimiento con música e apoio visual
  • Atención, concentración, anticipación, etc.
  • Recoñecemento de persoas e de obxectos
  • Memoria e interpretación visual
  • Psicomotricidade, exploración do entorno, motricidade grosa, motricidade fina
  • Coñecemento de corpo
  • Relaxación

E outros moitos.

Esperamos que esta síntesis teórica poda aclarar e amosar os múltiples aspectos positivos que este espazo pode xerar no alumnado.



blog | by Dr. Radut