Skip to Content

O DESENVOLMENTO DO PROXECTO

O CEIP San Xosé Obreiro inicia este proxecto no curso académico 2019/2020 coa súa participación no progama Arteixo Innovación. 

Esta idea se nos plantexa ao analizar as necesidades do noso centro.

Detectamos cada vez mási dificultades no alumnado relacionadas con: a falta de estimulación a idades temperás, concentración na realización das tarefas, relacións óptimas con seus iguais, aumento de conductas disruptivas,...

A situación derivada da pandemia provocada polo COVID 19, deixa en pausa este proxecto que volve a retomar no curso 22/23. Momento no que dende o equipo de TIC´s se analiza cal é o espazo máis axeitado para instalar dita aula e se inicia a transformación da mesma, tendo en conta que a aula estrá destinada principalmente a alumnado en idades temperás (E.I. e 1º ciclo de E.P.), e tamén a aqueles alumnos/As cons dificultades conductuais, de atención ou que presenten necesidades educativas especiais derivadas de trastornos como o espectro autista, retrasos madurativos, etc.

Pero por supusto nel terá cabida a intervención con todo o alumnado do centro.

Aproximadamente no mes de marzo o espazo está creado e se lle presenta o alumnado, levando a cabo sesións de exploración dos materiais dos que dispoñemos que son principalmente de estimulación visual e táctil.

 

No presente curso 2023/2024 iniciamos un PFPP para profundizar neste ámbito e sacar o máximo rendemento a este espazo do que dispoñemos no centro. Isto nos leva a facer pequenas modificacións en canto a disposición de materiais, a coñecer como planificar as sesións dentro do espazo, a analizar que materiais debemos adquirir que nos permitan estimular outros sentidos, etc.

E puxémonos mans a obra, así que vos iremos contando máis cousiñas.

 

 



blog | by Dr. Radut